Que ensina realmente a Biblia?
Este manual da Biblia está deseñado para axudarche a aprender o que di a Biblia sobre diferentes temas como, por exemplo, por que hai tantos problemas no mundo, que ocorre cando morremos, ou como ter unha vida familiar feliz.
É isto o que Deus quería?
Poida que te preguntes por que hai tantos problemas no mundo. Sabías que a Biblia di que o mundo vai cambiar e que ti podes estar alí para velo?
CAPÍTULO 1
Cal é a verdade acerca de Deus?
Pensas que Deus se preocupa por ti persoalmente? Aprende acerca da súa personalidade e como podes achegarte a el.
CAPÍTULO 2
A Biblia, un libro que provén de Deus
Como pode axudarche a Biblia a afrontar os teus problemas? Por que podes confiar nas súas profecías?
CAPÍTULO 3
Cal é o propósito de Deus para a Terra?
Realizarase algunha vez o propósito de Deus de facer da Terra un paraíso? Se así é, cando?
CAPÍTULO 4
Quen é Xesucristo?
Como sabemos que Xesús é o Mesías prometido na Biblia? De onde veu? Por que se lle chama Fillo unixénito de Deus?
CAPÍTULO 6
Onde están os mortos?
Aprende o que a Biblia di sobre onde están os mortos e por que morremos.
CAPÍTULO 7
Verdadeira esperanza para os nosos seres queridos que morreron
Morreuche algún ser querido? Será posible volver velo? Aprende o que a Biblia ensina sobre a resurrección.
CAPÍTULO 8
Que é o Reino de Deus?
Moita xente coñece a oración do nosopai. Que significará a frase “veña o teu Reino”?
CAPÍTULO 9
Estamos vivindo nos “días derradeiros”?
Pensa en como as actitudes que vemos e o que pasa ó noso arredor demostra que agora estamos a vivir nos “días derradeiros” que a Biblia predixo.
CAPÍTULO 10
Como inflúen en nós os seres espirituais?
A Biblia fala dos anxos e dos demos. Existirán estas criaturas? Poderán influír en nós dalgún xeito?
CAPÍTULO 11
Por que permite Deus o sufrimento?
Moitos culpan a Deus por todo o sufrimento que hai no mundo. E ti que pensas? Descubre o que Deus di sobre cales son as razóns do sufrimento.
CAPÍTULO 12
A maneira de vivir que lle agrada a Xehová
É posible vivir unha vida que agrade a Deus. De feito, podes chegar a ser o seu amigo.
CAPÍTULO 13
O punto de vista de Deus sobre a vida
Como ve Deus o aborto, as transfusións de sangue e a vida dos animais?
CAPÍTULO 14
Como ter unha vida familiar feliz?
O amor que Xesús mostrou é un exemplo a seguir polos maridos, as esposas, os pais e os fillos. Que máis aprendemos del?
CAPÍTULO 15
Que adoración aproba Deus?
Analiza seis características que identifican ós que practican a relixión verdadeira.
CAPÍTULO 16
Ponte do lado da adoración verdadeira
Que desafíos poida que afrontes cando compartas as túas crenzas con outros? Como podes facelo sen ofendelos?
CAPÍTULO 17
Acheguémonos a Xehová mediante a oración
Escóitanos Deus cando lle oramos? Para responder a esta pregunta, é necesario que entendamos o que a Biblia ensina respecto á oración.
CAPÍTULO 18
O bautismo e a túa relación con Deus
Que pasos hai que dar para poder bautizarse como cristián? Aprende que simboliza o bautismo e como debería levarse a cabo.
APÉNDICE
O nome de Deus: uso e significado
O nome propio de Deus foi eliminado de moitas traducións da Biblia. Por que? Que importancia ten usar o nome de Deus?
APÉNDICE
A profecía de Daniel predí a chegada do Mesías
Con máis de cincocentos anos de adianto, Deus revelou a data exacta na que chegaría o Mesías. Coñezamos esta apaixoante profecía!
APÉNDICE
Xesucristo, o Mesías prometido
Tódalas profecías bíblicas acerca do Mesías cumpríronse en Xesús. Comproba na túa Biblia como se cumpriron con todo detalle.
APÉNDICE
A verdade acerca do Pai, do Fillo e do espírito santo
Moita xente pensa que a Trindade é unha doutrina que ensina a Biblia. É certo isto?
APÉNDICE
Deberían usar a cruz os cristiáns?
De verdade morreu Xesús nunha cruz? Le a resposta que a mesma Biblia dá.
APÉNDICE
A Cea do Señor: unha celebración que honra a Deus
Os cristiáns deben observar a Conmemoración da Morte de Xesús. Cando e como se debe levar a cabo tal celebración?
APÉNDICE
Que significan os termos alma e espírito?
Moitos pensan que unha parte invisible de nós deixa o corpo e segue a vivir. Que di a Palabra de Deus sobre este tema?
APÉNDICE
Que significan os termos Xeol e Hades?
Algunhas traducións da Biblia traducen como “sepultura” ou “inferno” os termos Xeol e Hades. Que significan exactamente estas palabras?
APÉNDICE
Que é o Día do Xuízo?
Descubre por que o Día do Xuízo vai ser unha bendición para toda a humanidade que obedeza a Deus.
APÉNDICE
O ano 1914: clave nas profecías bíblicas
Que probas hai na Biblia de que o ano 1914 sería especialmente relevante?
APÉNDICE
Quen é o arcanxo Miguel?
A Biblia revela a identidade deste poderoso arcanxo. Descubre quen é, e que está a facer na actualidade.
APÉNDICE
Que é “a gran Babilonia”?
O libro bíblico de Apocalipse fala dunha muller chamada “a gran Babilonia”. Será unha muller de carne e óso? Que di a Biblia acerca dela?
APÉNDICE
Naceu Xesús en decembro?
Le cales eran as condicións climáticas propias da época do ano na que Xesús naceu. Que podemos concluír?
APÉNDICE
Deberiamos celebrar certas festividades?
Cal é a orixe de moitas das festividades populares na túa zona? Poida que a resposta te sorprenda.