CANCIÓN 100
Sexamos hospitalarios
-
1. Xehová non é parcial ó mostrar amor,
de todos coida con moita compaixón.
Dá choiva, sol e mar
a todos por igual,
felices somos grazas a El.
Demostraremos ser fillos de Xehová,
coidando con amor sempre dos demais.
Quen dá de corazón
e mostra compaixón
recibe recompensas de Deus.
-
2. Non sempre vas saber canto ben lles fas
ó ser hospitalario cos teus irmáns.
Ti sigue a carón
do novo, do maior,
facendo todo de corazón.
Igual que Lidia, dilles ós teus irmáns:
“Na miña casa sempre tes un fogar”.
Farás feliz a Deus
se coidas ben dos seus.
Xamais esquezas ese labor.
(Ver tamén Feit. 16:14, 15; Rm. 12:13; 1 Tim. 3:2; Heb. 13:2; 1 Pe. 4:9.)