CANCIÓN 106
Medremos en amor
(1 Corintios 13:1-8)
-
1. As calidades dun bo cristián,
pregamos sempre poder mostrar.
Mais ben sabemos que, sen amor,
o cristianismo non ten valor.
De nada vale a nosa fe,
ser sabios, rexos, ou moito ler.
En cada xesto, queremos, Pai,
mostrar amor cara ós demais.
-
2. Atento, xusto e servizal,
buscando formas de axudar.
Non leva conta, non ten rancor,
perdoa moito, de corazón.
Confía sempre e pensa ben,
ó feble procurará valer.
A todo pode sobrevivir,
supera todo sen desistir.
(Ver tamén Xn. 21:17; 1 Cor. 13:13; Gál. 6:2.)