Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 107

Imitemos o amor de Xehová

Imitemos o amor de Xehová

(1 Xoán 4:19)

  1. 1. Xehová ensinou a guía perfecta

    do amor, do amor.

    El foi quen mostrou cal é o camiño

    da salvación, da salvación.

    Xehová entregou a quen máis quería,

    seu fillo Xesús, pra dárno-la vida.

    Queremos vivir pra El cada día.

    El é amor, Xehová é amor.

  2. 2. Amar a Xehová tamén nos motiva

    a coidar dos irmáns,

    a non esquecer que todos fallamos,

    a perdoar e axudar.

    Queremos ser bos e moi cariñosos

    con quen é maior e cos que son novos,

    tratando de ser amigos valiosos.

    De corazón, mostrarlles amor.

  3. 3. Os nosos irmáns son unha familia

    para nós, para nós.

    Falamos con fe das boas noticias

    do Creador, do seu amor.

    Servimos a Deus cos nosos amigos,

    felices nos fai ter tanto cariño

    e todos formar un pobo unido.

    Grazas, Señor, pois ti es amor!

(Ver tamén Rm. 12:10, TNM; Ef. 4:3; 2 Pe. 1:7.)