CANCIÓN 111
Os motivos da miña ledicia
-
1. A miña ledicia abrolla
e ten unha boa raíz.
Persoas de toda a terra,
adoran a Deus xunta min.
Ledicia obteño da Biblia
ó ler e poñer atención.
Consellos, promesas e guía,
que gardo no meu corazón.
A chama da felicidade
xamais deixarei apagar.
Por moitos problemas que veñan,
Xehová sempre forzas me dá.
(REFRÁN)
Feliz podo ser ó pensar
na obra das mans de Xehová.
En todo se ve o seu gran poder
e unha grandeza sen par.
-
2. O mundo que vemos demostra
que Deus ten inmenso poder.
Os ceos, a terra, os mares
a man de Xehová deixan ver.
O Reino de Deus predicamos,
con todos queremos falar,
que saiban que Cristo xa reina,
á terra, el paz traerá.
A vida que Deus nos promete,
eterna, perfecta será.
Teremos, por fin, alegría,
sen morte, nin dor nunca máis.
(REFRÁN)
Feliz podo ser ó pensar
na obra das mans de Xehová.
En todo se ve o seu gran poder
e unha grandeza sen par.
(Ver tamén Dt. 16:15; Is. 12:6; Xn. 15:11.)