CANCIÓN 116
Amosemos bondade
(Efesios 4:32)
-
1. Mereces Xehová, tan bo como es,
a honra, é pra ti!
E, malia que tes poder e saber,
ti sempre te lembras de min.
-
2. Xesús foi tamén exemplo pra nós,
bondade amosou.
Alivio el deu, mostrou compaixón,
cariño, tenrura, amor.
-
3. Nós temos que ser iguais ca Xehová,
bondade amosar.
Se, coma Xesús, mostramos amor,
a todos moi ben nos irá.
(Ver tamén Miq. 6:8; Mt. 11:28-30; Col. 3:12; 1 Pe. 2:3.)