CANCIÓN 12
Xehová, o noso gran Deus
(Éxodo 34:6, 7)
-
1. Deus Soberano, es merecente
de cancións no teu honor
pois non hai ninguén maior.
Pai poderoso, sabio, eterno...
Grazas polo teu amor.
-
2. Deus compasivo, moito me coidas.
Miñas penas, meu pesar,
sempre queres escoitar.
Pai benquerido, tenro, humilde...
Sei que nunca vas faltar.
-
3. Ceos e terra, xuntos cantamos:
“Gloria damos ó Señor
pois non hai un Pai mellor”.
Deus verdadeiro, honra mereces.
Es, Xehová, meu Salvador.
(Ver tamén Dt. 32:4; Pr. 16:12; Mt. 6:10; Ap. 4:11.)