CANCIÓN 123
Sexamos fieis e submisos á orde teocrática
(1 Corintios 14:33)
-
1. Arredor da Terra pregoamos xa
o valor do Reino do gran Deus Xehová.
Fieis á Súa orde imos sempre ser,
xuntos, moi unidos e leais a El.
(REFRÁN)
Fieis e submisos, nós decidimos
serlle ó noso Pai.
Dános abrigo, tenro cariño.
Amosemos ser leais.
-
2. Dános un criado pra nos dirixir,
maila Súa forza pra non desistir.
Se valentes somos, Deus feliz será,
se con lealdade imos predicar.
(REFRÁN)
Fieis e submisos, nós decidimos
serlle ó noso Pai.
Dános abrigo, tenro cariño.
Amosemos ser leais.
(Ver tamén Lc. 12:42; Heb. 13:7, 17.)