CANCIÓN 127
A persoa que quero ser
(2 Pedro 3:11)
-
1. Como vou pagarche o ben que me fas,
e darche as grazas por coidarme, Xehová?
A lei que nos dás fai tamén de espello,
axúdame para seguir neste vieiro.
(TRANSICIÓN)
A miña promesa non hei esquecer,
servirte por sempre, sen deixarme vencer.
Leal, do teu lado, escollo estar.
Facerte feliz eu quero, Xehová.
Fai de min o servo que ti queres ter
e fai que aprenda o mellor proceder.
Así poderei agradarche por sempre,
e darche a honra, meu Deus, que mereces.
(Ver tamén Sal. 18:26 [18:25, NM]; 116:12; Pr. 11:20.)