CANCIÓN 136
Xehová bendí os nosos esforzos
(Rut 2:12)
-
1. Xehová, noso Pai, ti ben sabes que nós
queremos servirte con fe.
Ás veces, facelo, doado non é,
e ti ben o sabes tamén.
“Cambiaches de vida por dar o mellor?
Eu nunca o vou esquecer.
Dareiche amigos, a vida terás.
Non temas! De ti vou coidar”.
(REFRÁN)
É Xehová o que vai termar de min.
Os meus esforzos, el bendicirá.
“Non teñas medo, estou aquí,
eu vou protexerte, eu voute coidar”.
-
2. En moitos momentos podemos pensar:
“Non paga a pena loitar”.
Hai tantos problemas! Que dano nos fan
na mente e no corazón!
Deus vai axudarme, a Biblia me dá,
espírito, a oración...
Xehová si está onda min, a carón,
e nunca me vai el deixar.
(REFRÁN)
É Xehová o que vai termar de min.
Os meus esforzos, el bendicirá.
“Non teñas medo, estou aquí,
eu vou protexerte, eu voute coidar”.
(Ver tamén Xuí. 11:38-40; Is. 41:10.)