CANCIÓN 143
Sigamos atentos traballando para Xehová
(Romanos 8:20-25)
-
1. Xehová, o dono dos tempos,
marcado ten o momento.
Moi pronto, grazas ó Reino,
seu nome vai vindicar.
(REFRÁN)
Veña! Hai que seguir traballando,
firmes, atentos e calmos.
Deus todo novo fará!
-
2. O día xa foi fixado,
o malo vai ser quitado.
Que todos sintan ben claro:
“Xesús vitoria terá!”.
(REFRÁN)
Veña! Hai que seguir traballando,
firmes, atentos e calmos.
Deus todo novo fará!
-
3. O mundo segue desfeito,
mais nós confiamos no Reino.
Axiña libres seremos
e viviremos en paz.
(REFRÁN)
Veña! Hai que seguir traballando,
firmes, atentos e calmos.
Deus todo novo fará!
(Ver tamén Mt. 25:13; Lc. 12:36.)