CANCIÓN 24
Vinde á montaña de Xehová
(Isaías 2:2-4)
-
1. Mira! Que alta é
a montaña de Xehová!
Vese xa dende lonxe,
non se pode negar.
Cantos son os que van
a servir a Deus alí!
Chegan de moitos pobos,
non dubidan en ir.
Deus cumpriu, vese xa:
o pequeno tornouse nación.
Inda máis van medrar,
pois terán a Xehová a carón.
Cantos! Xa son millóns
os que van servir a Deus.
Moitos prometen serlle
sempre fieis a Xehová.
-
2. Cristo foi quen mandou
boas novas espallar.
Vamos falar do Reino
que Xehová vai traer.
Cristo xa é o Rei,
é urxente predicar.
Vamos falar cos mansos
do que pronto vai vir.
Que feliz son ó ver
canto medra o pobo de Deus.
Que honor, grande é,
traballarmos na busca dos seus.
Quero ir convidar
a quen queira escoitar:
“Vinde, ó monte santo
pra servir a Xehová”.
(Ver tamén Sal. 43:3; 99:9; Is. 60:22; Feit. 16:5.)