CANCIÓN 37
Servireite de corazón
-
1. Ti, Xehová, es Soberano,
ti e-lo Deus a quen servirei.
Vou cumprir con valentía
esta promesa: fiel che serei.
Coñecerte foi un regalo.
Sempre che darei o mellor.
(REFRÁN)
Ti, Xehová, mereces todo.
Quérote moito, sen condicións.
-
2. Gran Xehová, fixeches todo.
Canto poder abrolla de ti!
Moitas son as túas obras...
fan que te sinta preto de min.
Con ledicia quero louvarte.
Servireite de corazón.
(REFRÁN)
Ti, Xehová, mereces todo.
Quérote moito, sen condicións.
(Ver tamén Dt. 6:15; Sal. 40:9 [40:8, NM]; 113:1-3; Ecl. 5:3 [5:4, NM]; Xn. 4:34.)