Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 42

A oración do servo de Deus

A oración do servo de Deus

(Efesios 6:18)

  1. 1. Gran Deus, Xehová, Señor Soberano,

    sexa teu santo nome proclamado.

    Ti fas que todo chegue a ser.

    Polo teu Reino, Pai, suplicamos.

    Moi prontiño imos ver

    todo canto vas facer!

  2. 2. Es ti, Xehová, a Fonte da vida.

    Coidas de nós, sostesnos cada día.

    Somos máis sabios grazas a ti.

    Nunca xamais nos deixas sen guía.

    Grazas polo teu amor.

    Grazas, Pai, por ser tan bo.

  3. 3. Mentres no mundo hai moitas penas,

    ti dásnos paz, as nosas cargas levas.

    Dános axuda, Pai, por favor,

    pra ser leais nas probas que veñan.

    Dános forzas pra seguir

    sendo sempre fieis a ti.

(Ver tamén Sal. 36:10 [36:9, TNM]; 50:14; Xn. 16:33; Sant. 1:5.)