Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 47

Nunca esquezas orar

Nunca esquezas orar

(1 Tesalonicenses 5:17)

  1. 1. Ora con fe ó gran Deus, noso Pai.

    Lémbrate sempre do ben que che fai.

    Outro amigo non hai coma el,

    con agarimo ben coida dos fieis.

    Nunca esquezas orar.

  2. 2. Dálle as grazas ó teu Creador.

    Moito te quere, que grande honor!

    Cóntalle todo, el vai escoitar,

    inda os erros che vai perdoar.

    Nunca esquezas orar.

  3. 3. Fala con Deus cando non poidas máis,

    moita coraxe darache teu Pai.

    El é abeiro, refúxiate nel,

    mesmo dos medos te vai protexer.

    Nunca esquezas orar.

(Ver tamén Sal. 65:6 [65:5, NM]; Mt. 6:9-13; 26:41; Lc. 18:1.)