Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 5

As marabillosas obras de Deus

As marabillosas obras de Deus

(Salmo 139)

  1. 1. Xehová, que ben ti me coñeces!

    A miña dor, meu rir e meu chorar!

    Os meus profundos pensamentos sabes,

    se ando firme

    ou se xa non podo máis.

    Formaches ti os meus adentros

    ó me tecer no seo maternal.

    As túas obras son marabillosas.

    Que grande es, que gran poder

    tes Deus, Xehová!

    Meditarei en tódolos prodixios

    que ti fixeches coas túas mans.

    Se me puxese a enumeralos...

    eu non son quen de os poder contar!

    Medrando van as miñas penas,

    o teu consolo moito ben me fai.

    Atopo paz ó ti aloumiñarme.

    Do teu carón

    eu non me quero arredar.

(Ver tamén Sal. 66:3; 94:19; Xer. 17:10.)