CANCIÓN 50
A miña oración de dedicación
-
1. Douche, Deus, o meu amor,
é pra ti, de corazón.
Túa, Pai, é miña voz,
cantareiche con fervor.
-
2. Douche, Deus, meus pés e mans,
son pra ti, pra te louvar.
Canto teño teu vai ser:
tempo, forzas, os meus bens.
-
3. Nesta miña oración,
eu prometo devoción.
Miña vida vou usar
pra servirte, Pai Xehová.
(Ver tamén Sal. 40:9 [40:8, NM]; Xn. 8:29; 2 Cor. 10:5.)