Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 86

Déixate ensinar por Xehová

Déixate ensinar por Xehová

(Isaías 50:4; 54:13)

  1. 1. Colle de balde, hai auga que dá vida.

    Ven con ledicia, aprende de Deus!

    El é o Mestre, el nos ensina.

    Con agarimo, ben coida dos seus.

  2. 2. Nunca esquezas xuntarte co Seu pobo.

    Deus nos instrúe, que grande honor!

    El dános folgos, dános alento,

    dános amigos que son do mellor.

  3. 3. Xuntos cantamos a Deus e damos grazas.

    Moito nos coida o noso gran Deus!

    Nunca te rendas, segue ben firme,

    dentro do pobo que Deus escolleu.

(Ver tamén Heb. 10:24, 25; Ap. 22:17.)