CANCIÓN 91
Unha obra de amor
(Salmo 127:1)
-
1. Chegou o día, oh Pai,
o noso canto a ti vai.
É todo un honor, oh, Señor,
traballar por ti!
Coidaches, Deus, con amor,
os voluntarios no labor.
Agora hai, Xehová, un lugar
que che dá loor.
(REFRÁN)
En cada pedra desta obra
está o noso corazón!
Non deixaremos de servirte, querido Pai,
por sempre, si, ó teu carón.
-
2. Durante a construción,
tecemos lazos de unión.
Lembranzas especiais que xamais
imos esquecer!
Foi un labor en común,
unidos todos coma un.
A obra rematou, mais quedou
en honor a ti.
(REFRÁN)
En cada pedra desta obra
está o noso corazón!
Non deixaremos de servirte, querido Pai,
por sempre, si, ó teu carón.
(Ver tamén Sal. 116:1; 147:1; Rm. 15:6.)