CANCIÓN 94
Grazas pola túa Palabra
(Filipenses 2:16)
-
1. Graciñas che damos, querido Xehová,
por tantos consellos que sempre nos dás.
Palabras inspiradas
fixeches escribir,
son faro que guía o noso vivir.
-
2. A túa Palabra afonda en nós,
as leis que contén chegan ó interior.
Remove sentimentos
e fai reflexionar.
Queremos cumprila pra che agradar.
-
3. A Biblia describe historias reais,
son grandes exemplos pra sermos leais.
A Biblia dános forzas
e fainos mellorar.
Que bo agasallo! Graciñas, Xehová!
(Ver tamén Sal. 19:10 [19:9, NM]; 119:16, 162; 2 Tim. 3:16; Sant. 5:17; 2 Pe. 1:21.)