CANCIÓN 99
Tribos e pobos e linguas
(Apocalipse 7:9, 10)
-
1. Tribos e pobos e linguas
hai arredor de min.
Son unha multitude,
serven o Deus feliz.
Miles, milleiros somos,
imos louvar a Deus.
Sempre leais, sempre fieis a El,
ledos por ser dos seus.
-
2. Tribos e pobos e linguas,
xuntos a predicar!
Novas con nós levamos,
moito consolo dan.
Pode non ser doado,
mais imos persistir.
Forzas e calma nos dá Xesús,
ánimo pra seguir.
-
3. Tribos e pobos e linguas,
servos do Deus Xehová.
El sempre vai connosco,
nada nos vai faltar.
Miles, milleiros somos,
imos testificar.
Este labor de servir a Deus
moita ledicia dá.
(Ver tamén Is. 52:7; Mt. 11:29; Ap. 7:15.)