Ir ó contido

Quen controla o mundo?

Quen controla o mundo?

Pensas que . . .

  • Deus?

  • os humanos?

  • algún outro?

O QUE DI A BIBLIA

“O mundo enteiro está nas mans do Maligno.” (1 Xoán 5:19, A Biblia, SEPT)

“Por isto se fixo ve-lo Fillo de Deus, para acabar coas obras do demo.” (1 Xoán 3:8)

QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI

Atopar explicacións lóxicas ós problemas da humanidade (Apocalipse 12:12)

Descubrir que hai razóns para crer que a situación mundial mellorará (1 Xoán 2:17)

PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?

Si, confiamos en que o mundo mellorará. Tres das razóns son:

  • O goberno de Satán está condenado. Xehová está decidido a poñerlle fin ó dominio de Satán sobre a humanidade. Deus promete que vai acabar co Demo e que reparará todo o dano que este causou (Hebreos 2:14).

  • Deus escolleu a Xesús para gobernar a Terra. Satán é un gobernante egoísta e cruel. Pero Xesucristo é todo o contrario, e durante o seu goberno “terá piedade dos febles e indixentes, salvará a vida dos pobres; rescataraos da inxuria e da opresión” (Salmo 72:13, 14).

  • Deus non pode mentir. A Biblia afirma que é imposible que Deus minta (Hebreos 6:18). Cando Xehová promete algo, podemos dalo por feito (Isaías 55:10, 11). Sen dúbida, chegará o día no que Xehová botará fóra o gobernante deste mundo (Xoán 12:31).

PENSA NISTO

Como será o mundo cando o seu gobernante actual sexa eliminado?

Atoparás a resposta en SALMO 37:10, 11 e APOCALIPSE 21:3, 4.