Que é o Reino de Deus?
Dirías que é . . .
-
aceptar a Deus no teu corazón?
-
a vida no ceo?
-
o goberno de Deus?
O QUE DI A BIBLIA
“O Deus do ceo suscitará un reino que endexamais non será derrubado” (Daniel 2:44, A Biblia, Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos).
“¡O reinado do mundo pasou a ser do noso Deus e do seu Mesías!” (Apocalipse 11:15).
QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI?
-
Ver os beneficios dun goberno xusto na túa vida (Isaías 48:17, 18)
-
Desfrutar de felicidade e saúde perfecta no vindeiro novo mundo (Apocalipse 21:3, 4)
PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?
Si, dúas das razóns son:
-
Xesús mostrou o que o Reino de Deus logrará. Xesús ensinoulles ós seus discípulos a orar porque viñese o Reino de Deus e se fixese a súa vontade na terra (Mateo 6:9, 10). E demostrou de que maneira chegaría a resposta a esa oración.
Cando estivo na terra, Xesús alimentou famentos, curou enfermos e mesmo resucitou mortos (Mateo 15:29-38; Xoán 11:38-44). Deste xeito mostrou todo o que fará polo seus súbditos como rei do Reino de Deus (Apocalipse 11:15).
-
A situación do noso mundo proba que o Reino de Deus chegará axiña. Xesús predixo que, xusto antes de que o Reino trouxese paz á terra, habería moitas guerras, fame e terremotos (Mateo 24:3, 7).
Non é o que vemos hoxe? Polo tanto, podemos confiar en que o Reino de Deus pronto vai acabar con todos estes problemas.
PENSA NISTO
Como será a vida cando o Reino de Deus goberne a terra?
Atoparás a resposta en SALMO 37:29 e ISAÍAS 65:21-23.