Ir ó contido

Volverá vivir quen morreu?

Volverá vivir quen morreu?

Dirías que . . .

  • si?

  • non?

  • pode ser?

O QUE DI A BIBLIA

“Haberá resurrección.” (Feitos 24:15, A Biblia, SEPT)

QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI?

Atopar acougo cando un dos nosos morre (2 Corintios 1:3, 4)

Quedar libre do medo á morte (Hebreos 2:15)

Ter a esperanza de volver estar con aqueles que perdemos na morte (Xoán 5:28, 29)

PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?

Si, algunhas das razóns son:

  • Deus creou a vida. A Biblia di que Xehová é “a fonte da vida” (Salmo 36:10; Feitos 17:24, 25). Se lle deu a vida a todo o que existe, non pensas que poderá devolverlla a quen a perdeu?

  • Deus xa resucitou varias persoas no pasado. A Biblia fala de oito persoas que Deus trouxo de novo á vida na terra; entre elas había mozos e vellos, homes e mulleres. Algúns levaban pouco tempo mortos, pero a un deles xa había catro días que o enterraran (Xoán 11:39-44).

  • Deus desexa facelo de novo. Xehová odia a morte e vea coma un inimigo (1 Corintios 15:26). De feito ten un profundo desexo de vencela, e así reparar os seus estragos mediante a resurrección. Ten “saudade” daqueles que garda na Súa memoria, e quere traelos de volta á vida na terra (Xob 14:14, 15).

PENSA NISTO

Por que nos facemos vellos e morremos?

Atoparás a resposta en XÉNESE 3:17-19 e ROMANOS 5:12.