Ir ó contido

DESEÑOUNO ALGUÉN?

O leite materno

O leite materno

 “O leite de fórmula nunca vai poder imitar o leite humano”, explica un libro de referencia para matronas. Unha das razóns polas que o leite materno é perfecto para os bebés é porque o corpo da nai vai cambiando segundo as necesidades do seu fillo.

 Pensa nisto: O leite materno cambia durante cada toma do bebé. Ó comezo, o leite ten máis proteínas, vitaminas, minerais e auga. En cambio, ó final da toma o leite ten máis graxa, o que fai que o bebé quede satisfeito. É máis, o leite da nai tamén cambia coa idade do neno ou coa estación do ano.

 Pola noite, o leite materno ten maior concentración de melatonina. En cambio, durante o día, hai máis cantidade doutras hormonas. Estas variacións fan que o bebé durma ou estea desperto, e isto axúdalle a establecer o seu ciclo do sono.

 Nos primeiros días despois de dar a luz, a nai produce un leite de cor amarelo que se chama costro. Este leite é máis fácil de dixerir e, ademais, está cheo de nutrientes, polo que incluso só un pouquiño pode ser moi beneficioso. O costro ten moitos anticorpos importantes que protexen de infeccións o bebé que acaba de nacer. Tamén ten efectos laxantes, polo que lle axuda ó pequeno a limpar o seu sistema dixestivo.

 Aínda tendo xemelgos, as nais non teñen que preocuparse pola cantidade de leite xa que, de maneira natural, a cantidade aumenta para cubrir as necesidades dos bebés.

 Que dirías? É o leite materno, con estas propiedades únicas, resultado da evolución? Ou deseñouno alguén?