Ir ó contido

Ir ó índice

Ledicia sen final

Ledicia sen final

(Salmo 16:11)

Descargar:

  1. 1. Nas belas noites de verán,

    estrelas hai mil.

    Un día novo chega xa

    e fainos sorrir.

    Creaches todo con amor,

    o mar, a terra mailo Sol,

    e fuches feliz.

    (REFRÁN)

    Dános tantas alegrías

    a mensaxe salvavidas

    e saber do que virá.

    Que nos queiras cada día

    é a luz da nosa vida.

    Só, Xehová, ti podes dar

    ledicia sen final!

  2. 2. Xehová, ti fasnos tanto ben,

    que grande honor!

    Por ti nós somos quen de ver

    e ter emocións!

    As flores mailos animais,

    pensar en non morrer xamais...

    Que grande amor!

    (REFRÁN)

    Dános tantas alegrías

    a mensaxe salvavidas

    e saber do que virá.

    Que nos queiras cada día

    é a luz da nosa vida.

    Só, Xehová, ti podes dar

    ledicia sen final!

    (TRANSICIÓN)

    As grazas damos por

    coidarnos sempre, Xehová.

    Xesús morreu pra nós vivir,

    felices seremos por fin!

    (REFRÁN)

    Dános tantas alegrías

    a mensaxe salvavidas

    e saber do que virá.

    Que nos queiras cada día

    é a luz da nosa vida.

    Só, Xehová, ti podes dar

    ledicia sen final!

    (REFRÁN)

    Dános tantas alegrías

    a mensaxe salvavidas

    e saber do que virá.

    Que nos queiras cada día

    é a luz da nosa vida.

    Só, Xehová, ti podes dar

    ledicia sen final!

(Ver tamén Sal. 37:4; 1 Cor. 15:28.)