Ir ó contido

Ir ó índice

COMO REDUCIR O ESTRÉS

Estás estresado?

Estás estresado?

“Todos temos algo de estrés, pero eu teño demasiado. E non é só por un problema grave, senón por moitas cousas diferentes. Ademais, levo moitísimos anos coidando do meu home, que sofre unha enfermidade física e mental” (Jill). a

“A miña muller deixoume e tiven que criar os meus dous fillos eu só. Foi moi difícil ser pai solteiro. Ademais, perdín o meu traballo e non tiña suficientes cartos para pagar a reparación do meu coche. Non sabía que facer. Tiña tanto estrés que xa non aguantaba máis. Sabía que suicidarme estaba mal e por iso lle suplicaba a Deus que fose el quen me quitase a vida” (Barry).

Sénteste igual que Jill e Barry? Tes tanto estrés que ás veces cres que xa non podes máis? Se é así, os artigos desta revista pódenche axudar e animar. Neles analízanse algunhas das causas máis comúns do estrés, como nos afecta e que podemos facer para reducilo un pouco.

a Cambiáronse os nomes.