Ir ó contido

Ir ó índice

Millóns de seres espirituais

Millóns de seres espirituais

A Biblia dinos que existen moitos seres espirituais. Xehová mesmo é un espírito (Xoán 4:24; 2 Corintios 3:17, 18).

Houbo un tempo no que Xehová estivo só no universo. Entón empezou a crear os demais espíritos, chamados anxos. Os anxos son máis poderosos e intelixentes que os humanos. Xehová creou moitos anxos. Daniel, un servo de Deus, viu cen millóns de anxos nunha visión (Daniel 7:10; Hebreos 1:7).

Deus creou estes anxos antes de crear a Terra (Xob 38:4-7). Ningún deles foi unha persoa que vivise e morrese algunha vez na Terra.

Xehová creou millóns de seres espirituais