Ir ó contido

Ir ó índice

Os demos son asasinos!

Os demos son asasinos!

Satanás e os demos sempre foron crueis e perigosos. Hai moito tempo Satanás matou o gando e os servos do fiel Xob. Tamén matou os seus dez fillos facendo que “un furacán” destruíse a casa na que estaban. Despois Satanás feriu o propio Xob “cunha mala praga desde a planta do pé ata a coroa da cabeza” (Xob 1:7-19; 2:7).

Nos días de Xesús os demos privaban da fala e da vista a algunhas persoas (Mateo 9:32, 33; 12:22). Atormentaron un home e fixérono sufrir tanto que empezou a cortarse con pedras (Marcos 5:5). Nunha ocasión un demo tamén fixo que un rapaz berrase e “retorceuno e zapateouno no chan” (Lucas 9:42).

No pasado, os demos fixeron que algunhas persoas enfermasen e causáronlles convulsións a outras

Na actualidade, Satanás e os demos seguen sendo uns asasinos. De feito, dende que foron expulsados do ceo, aínda están a facer máis mal. Informes de todo o mundo demostran a súa crueldade. Abusan sexualmente dalgunhas persoas, fan que outras enfermen e a outras pertúrbanas de noite impedíndolles durmir ou causándolles pesadelos terribles. Incluso fan que algunhas persoas toleen ata o punto de chegar a suicidarse ou de cometer un asasinato.

Hoxe, os demos fan que algunhas persoas se comporten violentamente e perturban a outras de noite con terribles pesadelos

Lintina, quen vive en Suriname, conta que un demo matou 16 membros da súa familia e que a ela a torturou física e mentalmente por 18 anos. Pola súa experiencia persoal di que ós demos “lles gusta torturar as súas vítimas ata matalas”.

Pero Xehová pode protexer os seus servos dos ataques de Satanás (Proverbios 18:10).