Ir ó contido

Ir ó índice

APÉNDICE

Deberían usar a cruz os cristiáns?

Deberían usar a cruz os cristiáns?

MILLÓNS de persoas por todo o mundo aman e respectan a cruz. A Enciclopedia Hispánica afirma que a cruz é “o símbolo principal da relixión cristiá”. Agora ben, deberían utilizar a cruz os cristiáns? Non; vexamos por que.

En primeiro lugar debemos ter en conta un feito fundamental: Xesús non morreu nunha cruz. O termo grego que a miúdo se traduce “cruz” é stau·rosʹ, que significa basicamente “pau vertical ou poste”. The Companion Bible sinala: “[Stau·rosʹ] nunca significa dúas pezas de madeira cruzadas en ángulo ningún [...]. No idioma grego do [Novo Testamento] non hai nada que sequera represente dúas pezas de madeira”.

En varios versículos da Biblia, os escritores utilizan outro termo para referirse ó instrumento no cal morreu Xesús. É a palabra grega xyʹlon (Feitos 5:30; 10:39; 13:29; Gálatas 3:13). Este termo significa “madeira”, ou “pau, garrote ou árbore”.

Hermann Fulda explica no libro Das Kreuz und die Kreuzigung (A cruz e a crucifixión) por que se utilizaba de maneira frecuente un poste nas execucións: “Nos lugares elixidos para as execucións públicas non sempre había árbores dispoñibles. Así que se chantaba un poste simple de madeira no chan. Alí ataban, ou cravaban, polas mans e mesmo polos pés, os delincuentes”.

Agora ben, a proba máis convincente de todas é a propia Palabra de Deus. O apóstolo Paulo escribiu: “Cristo rescatounos da maldición da Lei, facéndosenos El [Xesús] mesmo maldición polo noso ben (lembrade que está escrito: ¡Malia quen está pendurado dun pao!)” (Gálatas 3:13). Aquí Paulo está a citar de Deuteronomio 21:22, 23, onde se fai referencia a unha árbore, ou pau, non a unha cruz. Como esta forma de execución convertía o executado nunha “maldición”, non sería apropiado que un cristián decorase a súa casa con imaxes de Cristo cravado na cruz.

Non hai proba ningunha de que, nos trescentos anos que seguiron á morte de Xesús, os que dicían ser cristiáns utilizasen a cruz. Pero no século VI, o emperador Constantino pasou do paganismo ó cristianismo apóstata, e promoveu o uso da cruz como símbolo desta relixión. Fosen cales fosen os motivos de Constantino, a cruz non tiña nada que ver con Xesucristo. De feito, a cruz como símbolo ten orixe pagá. A New Catholic Encyclopedia admite: “A cruz atópase en culturas precristiás e en culturas non cristiás”. Varias autoridades na materia tamén relacionan a cruz coa adoración á natureza e con ritos sexuais pagáns.

Entón, por que se promoveu este símbolo pagán? Parece ser que, deste xeito, os pagáns aceptaban o “cristianismo” máis facilmente. Pero a Biblia condena a adoración de calquera símbolo pagán (2Corintios 6:14-18). As Escrituras tamén prohiben toda forma de idolatría (Éxodo 20:4, 5; 1Corintios 10:14). Sen dúbida, os que queiran practicar o verdadeiro cristianismo teñen boas razóns para non usar a cruz. *

^ par.5 Para unha análise máis detallada sobre a cruz, podes consultar as páxinas 91 a 95 do libro Razonamiento a partir de las Escrituras, publicado polas testemuñas de Xehová.