Canción 3
“Deus é amor”
(1a Xoán 4:7, 8)
1. As Sagradas Escrituras
din de Deus que é amor.
Cando ó próximo queremos,
imitamos ó Señor.
Se felicidade buscas,
se desexas bendicións:
coma Cristo, o noso exemplo,
quere ben, de corazón.
2. O amor que é de verdade
ama a todos por igual.
É máis que simples palabras:
o ter feitos é vital.
O amor non ten envexa,
non se anoxa cos demais;
sempre espera, sempre atura,
non fracasa endexamais.
3. Nunca deixes que a xenreira
medre no teu interior.
Pide a Deus a súa axuda:
non hai protección maior.
Ama a Deus e ó semellante,
de Xehová terás favor.
Sigue adiante, non te rendas:
mostra sempre o teu amor.
(Ver tamén Mc. 12:30, 31; 1a Cor. 12:31–13:8; 1a Xn. 3:23.)