Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 8

A Cea do Señor

A Cea do Señor

(Mateo 26:26-30)

1. Xehová, nun serán tan sagrado,

vital para todo cristián,

expresaches amor ó morrer o Señor:

catorce do mes de nisán.

Comeron o año da Pascua,

o teu pobo puido saír.

Cristo veu, si morreu, o seu sangue verteu

para, así, profecías cumprir.

2. Estamos aquí congregadas

as túas ovellas, Xehová,

para te agradecer o teu Fillo ofrecer,

teu nome queremos honrar.

Lembremos, entón, esta data

como unha ocasión especial.

Xesucristo foi fiel, camiñemos tras el

para obter vida e paz sen final.

(Ver tamén Lc. 22:14-20; 1a Cor. 11:23-26.)