Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 10

“Aquí estou, eu mesmo irei!”

“Aquí estou, eu mesmo irei!”

(Isaías 6:8)

1. Hai quen critica a Xehová,

pregúntanse onde estará.

Tamén din del que é moi cruel,

que tapa os ollos, que non ve.

“Quen o Meu nome vai limpar?

Quen ben en alto o poñerá?”.

“Aquí estou, eu mesmo irei!

O teu gran nome cantarei”.

(REFRÁN)

Non pode haber mellor labor, non.

“Eu irei, oh, meu Señor!”.

2. Algúns din que se agochou,

ninguén a idea lles quitou.

E outros danlles devoción

ós santos, crendo que son bos.

“Quen lles dirá o que está por vir?

Quen os advertirá do fin?”.

“Aquí estou, eu mesmo irei!

O teu gran día anunciarei”.

(REFRÁN)

Non pode haber mellor labor, non.

“Eu irei, oh, meu Señor!”.

3. A xente humilde busca paz,

Xehová escóitaos suspirar.

Ben sabe que precisan del,

por iso os quere recoller.

“Quen vai sandar os corazóns?

Quen lles dirá das bendicións?”.

“Aquí estou, eu mesmo irei!

As boas novas lles darei”.

(REFRÁN)

Non pode haber mellor labor, non.

“Eu irei, oh, meu Señor!”.

(Ver tamén Sal. 10:4; Ez. 9:4.)