Canción 14
“Volvo novas tódalas cousas”
(Apocalipse 21:1-5)
1. Os tempos sinalan que a fin comezou,
que Deus o seu Fillo entronizou.
A guerra nos ceos Xesús gañou,
d’alí os malvados o Rei botou.
(REFRÁN)
O noso Deus connosco está,
a súa tenda estenderá!
A morte, a dor xa remataron,
as bágoas dos ollos marcharon!
“Un mundo novo, vede, preparei,
de vós sempre coidarei”.
2. Que todos admiren a Xerusalén,
a noiva de Cristo, que bela é!
Con xoias fermosas vai onda el,
envolta na luz que Xehová prové.
(REFRÁN)
O noso Deus connosco está,
a súa tenda estenderá!
A morte, a dor xa remataron,
as bágoas dos ollos marcharon!
“Un mundo novo, vede, preparei,
de vós sempre coidarei”.
3. A nova cidade, que gran bendición,
con portas abertas de sol a sol!
A gloria que emite verán nacións,
ós servos de Deus dá iluminación.
(REFRÁN)
O noso Deus connosco está,
a súa tenda estenderá!
A morte, a dor xa remataron,
as bágoas dos ollos marcharon!
“Un mundo novo, vede, preparei,
de vós sempre coidarei”.
(Ver tamén Mt. 16:3; Ap. 12:7-9; 21:23-25.)