Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 7

Dedicarei a miña vida a Xehová

Dedicarei a miña vida a Xehová

(Hebreos 10:7, 9)

1. O dono do Universo,

o noso Creador,

os ceos, terra, mar e sol,

ós homes regalou.

A nosa vida e alento

dependen de Xehová.

Merece a nosa adoración,

querémoslle grazas dar.

2. En auga foi bautizado

Xesús, o noso Rei.

Falou con Deus en oración:

“A min renunciarei”.

Despois de ser mergullado

nas augas do Xordán,

seguiu obediente e leal,

unxido por Deus Xehová.

3. A miña vida che entrego,

non vivo máis pra min.

Con humildade servirei,

e sempre ha ser así!

Teu Fillo á Terra mandaches,

a súa vida deu.

Por iso eu vivo só pra ti,

pra a túa vontade, Deus.