Canción 15
A creación pregoa a gloria de Xehová
(Salmo 19)
1. Que as estrelas falan de Xehová,
eu ben o sei ó ver o seu brillar.
Dende a mañá e ata o solpor,
dan gloria as obras ó seu Creador.
Dende a mañá e ata o solpor,
dan gloria as obras ó seu Creador.
2. E cando veñen noites de luar,
relucen moito as ondas do gran mar.
Mirando a obra que creaches ti,
eu sinto canto coidas, Pai, de min.
Mirando a obra que creaches ti,
eu sinto canto coidas, Pai, de min.
3. Dos teus mandatos non fallou ningún,
nunca me deixas sen a túa luz.
As túas leis son doces coma o mel,
quero gardalas, xa que me fan ben.
As túas leis son doces coma o mel,
quero gardalas, xa que me fan ben.
(Ver tamén Sal. 12:7 [12:6, NM]; 89:8 [89:7, NM]; 144:3; Rm. 1:20.)