Canción 21
“Ditosos os misericordiosos”
1. Felices son, di Deus Xehová,
os que se esforzan por mostrar
misericordia e compaixón
do mesmo xeito có Señor.
Misericordia Deus mostrou:
á Terra a Xesús mandou.
O Seu perdón ofrece o Pai,
dos erros non se lembra máis.
2. Os que demostren compaixón
recibirán de Deus perdón,
por graza de Xesús será,
misericordia atoparán.
Queremos que os demais tamén
reciban a mensaxe d’El:
“Quen serve a Deus é moi feliz,
axiña o Reino ha de vir”.
3. Quen mostre a outros compaixón
será xulgado con amor.
Misericordia Deus terá
dos que souberon perdoar.
Queremos compasivos ser,
misericordia sempre ter.
Seguir o exemplo de Xehová,
felices sempre nos fará.
(Ver tamén Lc. 6:36; Rm. 12:8; Sant. 2:13.)