Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 23

Xehová é a nosa forza

Xehová é a nosa forza

(Isaías 12:2)

1. Oh, Deus, o noso abeiro ti es,

os teus protexes co teu gran poder!

Dános as forzas pra irlles falar,

sexa que escoiten ou manden marchar.

(REFRÁN)

Confiamos en ti, non hai que temer,

a nosa forza de ti provén.

Con nós camiñas, glorioso Xehová,

o noso abeiro, recuncho de paz.

2. Os nosos ollos abrimos, Xehová,

ás túas novas, que luz sempre dan.

O que aprendemos de ti, oh, Señor,

predicaremos con choiva e con sol!

(REFRÁN)

Confiamos en ti, non hai que temer,

a nosa forza de ti provén.

Con nós camiñas, glorioso Xehová,

o noso abeiro, recuncho de paz.

3. Satán non pode volvernos atrás

de te servir e o teu Reino apoiar.

Coa testa alta loitamos por ti,

o noso castro, a onde acudir.

(REFRÁN)

Confiamos en ti, non hai que temer,

a nosa forza de ti provén.

Con nós camiñas, glorioso Xehová,

o noso abeiro, recuncho de paz.

(Ver tamén 2o Sam. 22:3; Sal. 18:3 [18:2NM]; Is. 43:12.)