Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 24

Pon os ollos no mundo novo

Pon os ollos no mundo novo

(2a Corintios 4:18)

1. Tan áxil coma un rapaz

o coxo mesmo vai brincar.

O xordo vai poder ouvir

regatos frescos rebulir.

O cego, o Sol vai ver nacer,

a chuvia, sobre o mar caer.

No mundo novo vas estar

se pos os teus ollos alá.

2. O vello, mozo vai trocar.

Os nosos xa non van faltar,

a morte non vai existir,

ledicia habemos de sentir.

Adeus ó mal, adeus á dor,

a pena xa atrás quedou.

No mundo novo vas estar

se pos os teus ollos alá.

3. O rir dos nenos encherá

a Terra de alegría e paz.

Ninguén nos vai poder ferir,

é tempo de vivir feliz.

Nos ollos, bágoas xa non hai,

non vai haber quen sufra máis.

No mundo novo vas estar

se pos os teus ollos alá.

(Ver tamén Is. 11:6-9; 35:5-7; Xn. 11:24.)