Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 26

Anda con Deus

Anda con Deus

(Miqueas 6:8)

1. Andar con Deus, modesto ser,

bondade demostrar.

Quen serve fiel e mostra fe

agrada a Xehová.

Se es honesto e veraz

Deus vaite protexer,

e con dozura, coa man,

El vaite aloumiñar.

2. Andar con Deus, pureza ter

e non volver pecar.

Quen é maduro vai facer

sorrir ó noso Pai.

No xusto e no bo pensar,

no enxebre e no fiel.

Se pos en Deus o teu confiar,

verás que o vas lograr.

3. Andar con Deus, honrado ser,

con nós El seguirá.

Quen se conforma co que ten,

de Deus paz obterá.

Con Deus camiña, vai contar

que nos fai moito ben.

Felicidade sen igual

o Reino traerá.

(Ver tamén Xén. 5:24; 6:9; Flp. 4:8; 1a Tim. 6:6-8.)