Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 2

Graciñas, Xehová!

Graciñas, Xehová!

(1a Tesalonicenses 5:18)

1. As grazas che damos ó erguernos, Xehová,

xa que ti alumeas o noso andar.

Graciñas che damos por ter a oración;

falarche a diario, que bendición!

2. As grazas che damos por darnos un Rei,

venceu el o mundo coa súa fe.

Graciñas che damos por nos axudar

a ir cara adiante, a te louvar.

3. As grazas che damos por ter o pracer

de dar o teu nome a coñecer.

Graciñas che damos por canto ha de vir:

no teu Reino eterno poder vivir.

(Ver tamén Sal. 50:14; 95:2; 147:7; Col. 3:15.)