Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 30

Comeza o goberno de Xehová

Comeza o goberno de Xehová

(Apocalipse 11:15)

1. Que grande o día en que Deus puxo o Reino en pé.

O fundamento en Sión xa chantou.

Alzade todos a voz, cantando de corazón

que Xesucristo no seu trono xa sentou!

(REFRÁN)

Que vai traer, Xehová, teu Reino?

Nel a xustiza triunfará.

Que máis virá co teu gran Reino?

Vida eterna entre irmáns.

Oh, Xehová, Rei do Universo,

es amor, un Deus leal!

2. Cristo xa ten o poder, xa está o Día ó caer.

Pronto este mundo non existirá.

É tempo de lles dicir: “O Reino axiña vai vir!

Mansos da Terra, vós servide a Xehová”.

(REFRÁN)

Que vai traer, Xehová, teu Reino?

Nel a xustiza triunfará.

Que máis virá co teu gran Reino?

Vida eterna entre irmáns.

Oh, Xehová, Rei do Universo,

es amor, un Deus leal!

3. O Rei perfecto que Deus para o Seu Reino escolleu

vén no Seu Nome, sigámolo a el.

Entra no Seu templo xa para favor suplicar.

O mundo novo xa está a piques de nacer!

(REFRÁN)

Que vai traer, Xehová, teu Reino?

Nel a xustiza triunfará.

Que máis virá co teu gran Reino?

Vida eterna entre irmáns.

Oh, Xehová, Rei do Universo,

es amor, un Deus leal!

(Ver tamén 2o Sam. 7:22; Dn. 2:44; Ap. 7:15.)