Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 4

Faite un bo nome con Deus

Faite un bo nome con Deus

(Eclesiastés 7:1)

1. A nosa vida queremos empregar

pra termos sona e un nome bo gañar.

Obedecendo a Deus con toda devoción,

d’El obteremos aprobación.

2. Labrar un nome no mundo de Satán,

ou ser famoso, tal como outros fan,

deixando así de ser amigos de Xehová,

felicidade non traerá.

3. Deus ten un libro pra se lembrar de min,

o seu cariño desfrutarei sen fin.

Graciñas, Pai, Xehová, en ti confiarei:

o meu bo nome conservarei.

(Ver tamén Xén. 11:4; Pr. 22:1; Mal. 3:16; Ap. 20:15.)