Canción 35
Agradecidos pola paciencia de Xehová
(2a Pedro 3:15)
1. Oh, noso Deus, co teu gran poder,
o xusto sempre has querer.
Vendo a terriña como está,
mares de bágoas chorarás.
Ti non es lento, como algúns din:
falta ben pouco para o fin.
Túa paciencia, gran Señor,
agradecemos de corazón.
2. Só coma un día, mil anos son
á túa vista, gran Señor.
O teu gran día chega xa:
ben nolo dis, non ha tardar.
Canta ledicia sentes, meu Deus,
sempre que volve quen fora teu.
Grazas, Xehová, por ser tan bo
e regalarnos a salvación.
(Ver tamén Lc. 15:7; 2a Pe. 3:8, 9.)