Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 42

Miremos polos febles

Miremos polos febles

(Feitos 20:35)

1. Non che hai no mundo quen

todo o faga ben;

inda así, o noso Deus

compaixón nos ten.

Como nos ten amor,

concede o Seu perdón.

Non deixemos de axudar

a quen fráxil é.

2. “Son tan feble coma vós”,

Paulo afirmou;

foi por iso que Xesús

se sacrificou.

Dá forzas sempre Deus

ós febles, pois son Seus.

Consolemos sempre a quen

bágoas derramou.

3. Ós irmáns que febles son

non hai que xulgar,

máis ben temos que facer

por os alentar.

Sinte a súa dor

estando ó seu carón.

Imitemos a Xesús

ó lles axudar.

(Ver tamén Is. 35:3, 4; 2a Cor. 11:29; Gál. 6:2.)