Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 43

Vixiade, sede fortes!

Vixiade, sede fortes!

(1a Corintios 16:13)

1. Vixiade, sede fortes,

afincádevos na fe.

Resistide con bravura,

a vitoria nosa é!

Quen con Cristo estea man a man

as batallas sempre vai gañar.

(REFRÁN)

Vixiade, sede moi fortes!

Pelexade ata o fin!

2. Vixiade, ben espertos,

escoitando ó noso Rei.

Moi atentos ós consellos

que nos dá o criado fiel.

Ós pastores que el nomeou,

escoitemos con toda atención.

(REFRÁN)

Vixiade, sede moi fortes!

Pelexade ata o fin!

3. Vixiade, sempre unidos,

predicando con valor.

Cando os inimigos cheguen,

seguiremos sen temor.

O aturuxo enche o país:

“O Gran Día, vede, xa está aquí!”.

(REFRÁN)

Vixiade, sede moi fortes!

Pelexade ata o fin!

(Ver tamén Mt. 24:13; Heb. 13:7, 17; 1a Pe. 5:8.)