Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 44

Vivimos na tempada da colleita

Vivimos na tempada da colleita

(Mateo 13:1-23)

1. Vivimos en plena colleita,

un tempo que non volverá.

Xesús foi quen puxo o exemplo,

celoso foi ó sementar.

Os anxos traballan connosco

na obra de Deus de apañar.

Que honra poder ser obreiros seus,

nas leiras de Deus traballar!

2. Amor a Xehová e a outros

será o que nos vai motivar.

Servimos con moita urxencia,

pois pronto o fin xa virá.

No agro de Deus sementamos,

tentando o mellor sempre dar.

Que gran privilexio nos deu Xehová,

o noso labor lembrará!

(Ver tamén Mt. 24:13; 1a Cor. 3:9; 2a Tim. 4:2.)