Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 111

Chamarei

Chamarei

(Xob 14:13-15)

1. A vida é a bruma da mañá,

que marcha nun momento

Rir e chorar... non sempre durarán,

e ha vir o lamento.

Vai volver vivir quen na morte está?

Isto é o que di Xehová:

(REFRÁN)

“Chamarei, contestarasme,

e ti resucitarás!

Porque es a miña obra,

e da vida gozarás.

Só ten fe e non dubides

de que en pé te poñerás,

e xunto cos meus fillos

para sempre vivirás!”.

2. Sempre Xehová na mente vai gardar

os que ama como amigos.

Nun sono están, mais pódeos recordar;

Xehová é un Deus de vivos!

Pensas que serás un dos que verá

o que prometeu Xehová?

(REFRÁN)

“Chamarei, contestarasme,

e ti resucitarás!

Porque es a miña obra,

e da vida gozarás.

Só ten fe e non dubides

de que en pé te poñerás,

e xunto cos meus fillos

para sempre vivirás!”.

(Ver tamén Xn. 6:40; 11:11, 43; Sant. 4:14.)