Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 47

Prediquemos a boa nova

Prediquemos a boa nova

(Apocalipse 14:6, 7)

1. Por anos, un segredo agochou Xehová,

pero as verdades todas nós sabemos xa:

na Súa gran misericordia decidiu

mandarnos ó Seu Fillo, que nos redimiu.

Nos ceos, enxalzouno e nomeouno rei:

goberna con amor, guiado por xustas leis.

E, como compañeira, prometeulle Deus

un grupo de cristiáns a quen El escolleu.

2. As boas novas que debemos espallar,

a todo pobo e lingua teñen que chegar.

Os anxos van connosco na predicación,

guiándonos ata o que busca a salvación.

Levar o nome de Xehová é un honor,

queremos que as persoas saiban do Seu amor.

Berremos forte que o Reino xa está aquí,

que xa non queda nada pra que veña o fin!

(Ver tamén Mc. 4:11; Feit. 5:31; 1a Cor. 2:1, 7.)