Ir ó contido

Ir ó índice

Canción 49

Xehová, ti es o meu refuxio

Xehová, ti es o meu refuxio

(Salmo 91)

1. Ti e-lo meu refuxio,

en quen confiarei.

Ti e-lo meu arrimo,

en quen me apoiarei.

Ós xustos has de protexer;

se caen, pódelos erguer.

Xehová, sempre me axudas;

cando trema, a ti correrei.

2. Aínda se hai miles

caendo ó meu carón,

ben sei que sempre teño

a túa protección.

Do xuízo que executarás,

eu sei que ti me librarás.

Camiño sen ter medo,

agardando a liberación.

3. Á noite non lle temo

porque e-lo meu gardián.

Calquera sufrimento

seméllame livián.

Axúdasme a non caer

se ves que vou desfalecer.

Xehová, o meu refuxio,

termas forte da miña man.

(Ver tamén Sal. 97:10; 121:3, 5; Is. 52:12.)